Friday 17 de May de 2024

A concelleira de Ensino de Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal


 

A concelleira de Ensino de Brión, Sandy Cebral, vén de entregar os premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame destinado á poboación escolar dos centros de ensino do municipio. Un acto que tivo lugar nas instalacións do CEIP de Pedrouzos e no que os nenos e nenas premiados recibiron vales de 30, 25 e 20 euros canxeables por libros, xogos ou material escolar.

Cebral Gómez agradeceu a colaboración do profesorado do CEIP de Pedrouzos, da escola infantil municipal e das unitarias de Sabaxáns, Os Ánxeles e Luaña, hoxe representados polo director do CEIP de Pedrouzos, Xoán Cabo Pérez.

Despois dunha nada doada selección, o xurado deu a coñecer o seu veredicto e escolleu as que considera mellores postais deste ano:

1º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Diego Gómez Bouzas de 2º A
2º Premio: Brais Gorgal Rodríguez de 1º A
3º Premio: Valeria Vento Freire de 1º A

2º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Paula Villamarín García de 4º B
2º Premio: Martín Gorgal Sabugueiro de 3º C
3º Premio: Valentina Rodríguez Ferreiro de 3º A

3º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Xián Socastro Andrade de 5º A
2º Premio: Martín Peteiro Vila de 6º B
3º Premio: Niko López González de 5º C

Ademais, levaran un libro de agasallo do Concello os/as seguintes finalistas: Amelia Gómez Lois e Xiana Blanco Basalo (3 anos); Martina Remuiñán Nieto e Alejandro Caramés Giménez (4 anos); Paula Señorís González e Hugo Calvo García (5 anos); Roberto Pose Casal (6 anos), Uxía Sobrido Calvo, Fabián Martínez Vázquez, Martín Rodríguez García e Diana Bouzas Sánchez (7 anos); Carola Rodriguez García, Lucía Freire Rodríguez e Bruno Arias Bugallo (9 anos); Ainhoa Ricón Carrillo e Lucía Martínez Caamaño (10 anos); e Alejandro Martínez Caamaño, Zoe de Rojas Rozas e Iria Ruibal Castelo (11 anos).